Alex Uranga vence no Surfusiom 2011

O basco Alex Uranga foi o campión do Surfusiom 2011 grazas aos 16 puntos conseguidos fronte os 14.35 do rider canario Yeray Martínez na final deste ano. O brasileiro Roberto Bruno e o australiano Jones Russel foron os semifinalistas.

Noraboa Alex!

Outro ano máis esta proba galega do mundial de bodyboard reuniu en Ferrolterra aos mellores riders do planeta

En DK o vencedor da proba foi Damian King e o local Yiyi Obenza rematou en terceira posición. Noraboa Yiyi!

Tedes todas as fotos do derradeiro día de competición en:

http://www.grossoweb.com/2011/index.php?option=com_content&view=article&id=105&Itemid=241

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com