2ª Proba do Circuito Galego de Bodyboard Open - Valcovo (Arteixo)

O fin de semán do 22 e 23 de Novembro terá lugar a segunda proba do Circuito Galego Caixa Galicia da categoría Open de Bodyboard. As inscripcións xa están abertas. Lembra que o xoves 20 as 13 horas  é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa!

As personas que xa fixeran o ingreso e enviaran a súa inscripción na anterior data, xa están inscritas automáticamente. No caso de que non puideran participar deberán comunicarllo a FGS, de non facelo perderan 500 puntos.

Circuito Galego Caixa Galicia 2008 >>>

CAMPIONATO: 2ª Proba Circuito Galego Caixa Galicia de Bodyboard Open.
ORGANIZA: Federación Galega de Surf e Concello de Arteixo.
COLABORA: Caixa Galicia, Coca-cola e Concello de Arteixo.
DATA: 22 e 23  de Novembro.
LUGAR: Praia de Valcobo (Arteixo).
CATEGORÍAS: Open (masculino e femenino).  
HORA: Confirmación de inscricións o sábado de 9:00 a 9:30 horas na praia. E ás 10:00 horas aproximadamente comezo da competición (a final do día do xoves 20 ou o longo do día do venres 21 colgarase na web da FGS o horario de competición así como as mangas).
MODALIDADES: Bodyboard masculino e femenino.   

PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros e material.
PREZO: 20 €
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179  antes do Xoves 20 ás 13:00 horas.

INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago por fax o número: 986 29 93 78 e un e-mail ( Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ) á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:
1º) Clube
2º) nome e apelidos do competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 20 de Novembro 13:00 horas. 

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.