Convocada a 2ª Proba do Circuito open-xuvenil de bodyboard na Praia de Far - Lariño, sentimos comunicar que a proba tera que ser aprazada, xa que as condicions do mar non se presentan nada favorables, os partes desta semana son moi negativos vendo as condicions imposibles para poder realizar o campioanto.
APRAZADA!!
Así que moi ao noso pesar, a Federación Galega de surf, decide aprazar a proba en Faro-Lariño con prazo de espera durante todo o mes de marzo. Polo tanto, o prazo de inscripción segue aberto para os interesados en anotarse. En canto se presente un fin de semana con condicions favorables para a realización da proba, será comunicado.
Calquera dubida, non duden en poñerse en contacto en
Xa vos podedes inscribir na segunda proba do circuíto galego de bodyboard que está convocada para os días 9 e 10 de Marzo na praia do Faro no Concello de Carnota. Este evento conta coas categorías Open, Sub18 e Sub16. Esperamos que as condicións sexan boas e poder asistir a este evento nunha das mellores praias da nosa costa.
Tedes toda a info en: