Sen data para a Proba Open e Xuvenil de Bodyboard en Valcobo

Velaquí temos a nova da cancelación da 3ª Proba do Circuito Galego Open e Xuvenil de Bodyboard na Praia de Valcobo no Concello de Arteixo por mor das malas previsións de ondas. A Federación Galega de surf decidiu aprazar a proba en Valcobo con prazo de espera durante todo o ano.

Polo tanto, o prazo de inscripción segue aberto para os interesados en anotarse. En canto se presente un fin de semana con condicions favorables para a realización da proba, será comunicado.

Calquera dubida, non duden en poñerse en contacto en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Fonta da nova: http://www.fgsurf.org/novas/circuito

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.