Open Galego de Bodyboard BG Magazine

BG Magazine - Xa queda menos e o que era un pequeno rumor tomou forma aos poucos grazas ao duro traballo dos últimos meses, por fín podémosvos presentar o cartel oficial do campionato que se realizará no faro de Lariño, a cita será o primeiro fin de semana de Outubro (3 e 4) e que será puntuable dentro do Circuíto Galego de Bodyboard grazas á colaboración da Federación Galega de Surf.

O Campionato constará de proba Open puntuable para o Circuíto Galego e por tanto seguiranse as formas habituais de inscrición (ingreso en conta, fax á FGS, etc). Trofeo e Material para os 4 primeiros. Inscrición: 20 Euros.

Tamén existirá a modalidade de DropKnee, os que queiran inscribirse poderán facelo na carpa da organización e poderán gozar dun desconto se xa están inscritos na proba Open (previa presentación do resgardo correspondente).

Premio en Metálico e Material para os 4 Primeiros. Inscrición: 20 Euros, se participas en Open: 15euros.

Regalarase unha Camiseta Oficial do evento aos deportistas inscrito en calquera das modalidades e sortearase algun pack de material entre os asistentes.

Todo isto é posible grazas á colaboración e patrocinio de: The Box Surf Shop, Bocateo, Freya, CocaCola, Dharma Company, Rei Zentolo, Zonabodyboard.com e Raz Surf Shop.

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.