Documental "Bodyboard, un xogo de nenos" [VIDEO]

Hoxe apresentamos o trailer e o cartaz do novo documental sobre bodyboard "Bodyboard, Un Xogo de Nenos" feito por Juan Luis Gómez Frieiro. O propósito deste documental é facer chegar ao maior número de persoas o que é a realidade deste deporte. 


É unha historia contada polos distintos tipos de bodyboarders que existen; desde a principiante... até o nove veces campión mundial de Bodyboard, Mike Stewart. Eles e elas, mediante as súas impresións, mergullarannos de cheo no mundo das ondas.

BODYBOARD UN JUEGO DE NIÑOS

No mes de maio farase unha festa de presentación oficial do documental, na cidade da Coruña. Avisaremos do lugar e da hora con suficiente antelación.

Podes ver máis videos de Juan Luis Gómez Frieiro dende esta ligazón.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.