2 Secuencias - Cristian Pérez

CRISTIAN PEREZ

Neste artigo tedes duas secuencias impresionantes do noso mellor rider, Cristian Pérez. A primeira é un tubazo limpo e profundo en Portugal e a segunda un aéreo no Faro de Lariño. Ámbalas dúas secuencias foron feitas por Ángel Fotosplino e amosan a calidade e o estilo de Cristian na auga.

CRISTIAN PEREZ

Este xoven vigués que finalizou na segunda posición no Surfusiom 2009 é un dos mellores deportistas da nosa terra e ben se merece máis apoio por parte da Xunta e dos patrocinadores. É unha mágoa ver que xente como Cristian non ten apoios para poder seguir o circuito mundial de bodyboard e levar a bandeira galega aos lugares máis altos deste deporte.

CRISTIAN PEREZ

Segundo nos comenta Angel Fotosplino: "Cando escoito o nome de Cristian Pérez, a verdade que sempre me veñen á miña cabeza millóns de imaxes del na auga, teño máis de mil fotos de Cristian e a verdade que dá gusto, nunca me canso, é o tipico que a lia en menos de nada,  a súa motivacion é algo que me deixa alucinado como o fixo en Ferrol quedando segundo,  pode conseguir todo o que se propoña, é unha pena non ter a un galego deste calibre competindo todo o mundial, pero a vida dálle pan a quen non ten dentes, que lle imos a facer. Estas fotos son dunhas sesións recentes en costa lusas e galegas. A primavera parece que nos empeza a deleitar con baños clasicos, esperemos que continue."

Pincha nas fotos para amplialas!

{gallery}BodyFotos/Noticias/2010/secuenciacristian:120:100:0{/gallery}

Pincha nas fotos para amplialas!

Todas as fotos son de Ángel Fotosplino

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.