A xente da revista Endorfina xa está traballando no súa cuarta entrega. Este novo número vai estar adicado exclusivamente ao mundo do surf e bodyboard galego, e tamén vai ser un punto de inflexión, marcando o futuro deste proxecto informativo, decidindo a súa continuidade ou o seu final.
Este número vai ter pouca publicidade por mor da falta de apoios das institucións públicas e empresas privadas que non queren apostar por esta iniciativa. Isto pode ser o fin de Endorfina, entre todos os riders da nosa costa podemos apoiar mercando un número na nosa tenda de surf habitual.
Fito C.V., o editor da revista, promete unha revista con maior calidade no deseño e nos contidos. Pra facer isto posible, é preciso deixar o formato de revista gratuíta e pasar ao formato de pago.
Dende SurfGZ queremos apoiar esta iniciativa mediante a colocación dun banner e colaborar ao máximo en espallar esta revista.
Boa Sorte Endorfina!