A galega Cristina Fernández acadou a cuarta posición de Bodyboard Sub 18 no Eurojunior 2008 celebrado en Agadir este mes. Cristina contounos que pra ela foi seleccionada por Kako Garcia polos seus éxitos nos campionatos españois e galegos. Esta xoven competidora do Grosso Club de Ferrol soamente leva un ano competindo con excelentes resultados e é unha das grandes promesas do deporte galego.
A súa participación no campionato Eurojunior 2008 comenzou o segundo día pasando a súa manga e dous días despois tivo outra manga pasándoa na 2ª praza, na seguinte pasou a semis e o domingo chegou a final polo cuadro principal. Os primeiros días o campionato foi en Banana Beach e a partir do terceiro día foi en Tamri con ondas dun metro, picos definidos e moita corrente. Cristina tamén pillou boas ondas os días previos por diferentes spots de Agadir.
Cristina en Agadir
Grazas a Cristina pola información enviada!