Seguimos cos resultados do noso primeiro Concurso de Fotografía Surfeira de Galicia e agora imos presentar o vencedor da categoría de bodyboard, Miguel Seoane é o gañador escollido polo noso xurado grazas a unha imaxe de Kike Sanjurjo voando na orilleira de San Amaro. Todo un luxo de fotografía que recolle o movemento da onda e o estilazo do rider.
Recibimos unhas 25 fotografías de bodyboard e debaixo podedes ver as tres máis puntuadas despois do primeiro posto de Miguel Seoane.
A segunda máis votada foi esta de Abraham Rey
Foto feita por Alex Chao que quedou de terceira
A cuarta foi a de Makako no tubo de Fotosplino
Moitas grazas a todos os participantes da categoría de Bodyboard xa que o listón foi bastante alto! Podedes ver + fotos recibidas na seguinte galería:
{artsexylightbox path="images/stories/BodyFotos/Noticias/2014/concurso" previewWidth="129" previewHeight="77"}{/artsexylightbox}
Bases do concurso:
http://www.surfgz.com/surfing/soulsurfing/3167-concurso-fotografia-surf-galicia.html
O xurado do concurso está composto por importantes e destacados personaxes da cultura surfera:
- Pablo Martínez, fotográfo de surf profesional.
- Fine, webmaster e fundador de Costasurf.com
- José Pellón, músico, escritor e surfeiro e fundador de Surflandia.es
- Helga Álvarez, manager de Surfmarket.org
- César Formosel de TSP - The Surfeiros Piratas
Outros resultados:
Longboard: http://www.surfgz.com/longueiron/longueiron/3227-mellor-foto-longboard-galicia-2014.html
XXL: http://www.surfgz.com/surfing/soulsurfing/3234-irene-aneiros-mellor-foto-de-surf-xxl.html
{fcomments}