Dende o blog de Dopi chegan estas fotos dunha onda bastante descoñecida pra moitos surfeiros galegos pero que ben merece un respeto mirando as fotos publicadas por Dopi. Segundo comenta Ana Pena esta é unha dereita moi potente e corchera 100% con tubos ocos e longos, rápida e con ramplas para voar que rompe sobre un fondo de area moi variable do que se depende para surfear.
Pódese surfar en marea alta ou en marea baixa e necesita ventos do sur e un tamaño de 1m a 2m para a súa maior calidade. Moi acudida cando as súas condicións son perfectas, eses días podes atoparche surfeando nesta onda aos mellores bodyboarders da zona, e nos seus atardeceres solitarios os locais ben coñecedores de que a tal hora o vento terral regálelles un bo baño de ultima hora.
O compresal é unha onda con localismo na que non se terá problema sempre que se acuda con humildade e respeto.