A empresa galega de roupa Rei Zentolo ven de desenvolver acordos de patrocinio da imaxe con representantes de tres xeracións destes deportistas galegos da praia. Rubén Deza “Pincho”, de 26 anos, 35º Circuito mundial Open, 9º Circuito europeo Open, 3º Circuito estatal Open, e varias veces Campeon de Galicia Open. Ciro Barcala, de vinte anos, xa subcampion estatal no ano 2006, e noveno no campeonato galego no 2008. E, por último, Victor Vidal, unha pequena promesa de quince anos de idade, e que iste ano competirá nos circuitos estatal e galego, tanto na categoría Junior como na Open.

Dentro da súa iniciativa de fomento dos deportes considerados minoritarios polo común da sociedade, dende a empresa Rei Zentolo estase a comezar unha política de apoio a este tipo de deportistas, mediante patrocinios de imaxe coas súas dúas marcas, REI ZENTOLO e SHIRT GIGOLO.
O primeiro deporte en beneficiarse desta acción da empresa galega, senlleira polas súas camisolas, é a disciplina do “bodyboard”, coñecida de común por “corcho”, que consiste en deslizarse polo mar coa forza das ondas. É un deporte que permite moita movilidade e con unha larga lista de trucos para executar, que comezou a practicarse con táboas de madeira, ata que en 1971, Tom Morey, fabricou a táboa de telgopor.

Púxose de moda nos anos oitenta, sendo común dende aquela ver xente practicando este deporte polas praias. Moitos “bodyboarders” comezaron a practicar este deporte en olas tan grandes e potentes como Pipeline, Teahupoo, Sunset, entre outras, nas que moitos surfistas tiñan problemas polas baixadas da ola ou simplemente porque lles partía a táboa, problema que os “bodyboarders” non tiñan.

