BG Magazine nº16 xa na rede!

BG MAGAZINE

Xa está na rede o número 16 do BG Magazine, revista galega online especializada en bodyboard. Este número ten na portada unha foto feita por Ángel Fotosplino nunha onda brutal da nosa costa. 

Seica este pode ser o derradeiro número da revista e por iso queremos expresar o noso apoio a Emilio Gutierrez, editor xefe, e a todo o equipo de colaboradores que fan posible esta iniciativa e pedirlles que mantengan o proxecto na rede.

Este exemplar ten fotazas impresionantes!!

Pra ver a revista, preme aquí - BG MAGAZINE nº16

 

 

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com