Conversa con Emilio Gutierrez - BG Magazine

Hoxe conversamos con Emilio Gutierrez, fundador da revista online BG Magazine, pra saber que pasa con este proxecto tan interesante sobre bodyboard e tamén coñecer un pouco máis a este rider tan importante da cultura do bodyboard galego.

Esta á a súa ficha técnica:

  • Nome: Emilio Gutierrez
  • Idade: 30
  • Anos surfeando: 10-12
  • Spots que frecuentas: Rias Baixas e alrededores de A Coruña
  • Estudos/Traballo: Consultor en EPR-HIS
  • Un hobby: fotografía e varios deportes
  • Unha viaxe: Maldivas
  • Un soño: Cloud 9
  • Música preferida: Un pouco de todo, dependo do momento.
  • Sponsors: Zonabodyboard shop e Blue bodyboardshop

E aquí tedes as preguntas e respostas:

Como e cando foi a túa primeira experiencia na auga?


Xa bastante tarde, com 17 anos e a través de un colega.

Surf ou Body?

Que é isso de body? Bodyboard  ;)

Pablo Claveras. Foto: Emilio Gutierrez

Que che parece o nivel de bodyboard galego??

Creo que temos maior nível de Bodyboard que de Surf, a gran diferencia é os apoios que recibe cada um deles.

Cristian Pérez este ano deixou as cousas claras, temos calidade para loitar com os mellores e como mostramos na nosa revista, tamén temos olas de calidade.

Dime os primeiros 3 nomes de bugueiros galegos que se che pasen pola cabeza??


Son demasiados, se non estou na casa ou no traballo estou rodeado de xente relacionada co bodyboard pólo que dicir so 3 nomes é dificil...

Un dos problemas que temos na nosa web cando escribimos sobre BB é o termo a empregar, ti que prefires usar: body, bugui ou corcho??

Para um médio escrito (revista, web, etc) creo que o mais correto é “Bodyboard” (como nome do noso deporte e do noso “utensilio” de deslizamento).

Ben Player. Foto: Emilio Gutierrez

Podes explicar un pouco as orixes do BG Magazine??

Foi a evolución do e-zine bodyboardgaliza, máis orientada ó panorama galego e que empezamos um grupo de persoas com afinidades em común como eran a fotografía e o bodyboard.

Canta xente colabora na revista??

Entre 10 e 15 depende da altura e sorte que teñamos ;)

É moito traballo montar a revista e manter a vosa web??

A web depende da filosifía que queiras... se copiar e pegar noticias da industria ou perdes o tempo em elaborar algo diferente....

Sobre a revista, pode levar varias semanas... dependendo se temos textos, fotos de de calidad, etc.

Estades falando de pechar definitivamente BG Magazine, por que?

BG Magazine fecha na forma que estaba planeada: edición seria em cuanto a diseño e planeamentos, com os seus compromisos de publicar cada 3 meses, secciones fijas, etc.

Os motivos? Falta de tempo, falta do respaldo da industria e por falta de motivación (resultado do segundo motivo).

Queda pendente algun número esporádico....

Por que as marcas prefiren anunciarse en medios tradicionais e non apostan por internet??

As marcas prefiren vender e non invertir em patrocinar a gente ou outros médios relacionados com o bodyboard.

Este deporte e moi pequeno, casi TODAS as marcas estan distribuídas por 3 empresas/personaxes, isto implica monopólio e o resultado é que ou eres “colega” deles ou vas a tomar literalmento pólo cú.

Se me dis as marcas que mais venden nos últimos anos e non teñen publicidade nin nos médios escritos nin na web, ainda podo regalarche unha camisola ;)

Que vas facer no futuro, tes algunha nova iniciativa na mente??

Disfrutar máis da família, realizar algunha viaxe que teño en mente e darlle máis caña ó tema da fotografia.

Moitas gracias por colaborar nesta entrevista Emilio. Se queres podes escribir unhas palabras para dicir o que queiras aos nosos lectores:

Ter um bodyboard de máis de 300 euros non significa ser mellor, nin que faz maniobras máis radicais nin nada “máis”... ó único que significa e que pagastes máis de 300 euros a unha empresa que non gasta nada no nosso deporte....

Podes visitar a web de BG Magazine dende esta ligazón!

 

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.