Gony Zubizarreta continúa facendo historia e levando o surf galego ao máis alto nivel internacional. Segundo informábanos hoxe luns o noso patrocinador e colaborador oficial Island Style, Gony acaba de conseguir dous 9º postos consecutivos no WQS 6 estrelas de Xapón e no 5 estrelas de Inglaterra afianzando así a súa mellor tempada ata a data e o que é, por suposto, a mellor tempada xamais realizada por un surfista galego.
Mañá día 12 de Agosto comeza en Lacanau (Francia) o primeiro de tres eventos WQS 6 estrelas que serán importantísimos para a clasificación final do noso surfista máis internacional que tralo evento de Ericeira (Portugal) virá competir ao tamén crucial Pantín Classic, onde esperamos velo no máis alto do podio.
Moi pronto actualizaremos a nosa sección Gony Zubizarreta no WQS para informarvos de cada detalle.
TODOS OS GALEGOS E GALEGAS CON GONY NO WQS.