Como colaborar
Surf GZ precisa de axuda para se facer un medio informativo con forza na nosa terra e nas nosas praias. Se queres colaborar con esta iniciativa podes facelo dos seguintes xeitos:
- Enviando un e-mail aos teus colegas surfeiros falando de SurfGZ.com.
- Rexistrándote no web.
- Ligando o teu blogue ou web persoal ao noso web.
- Visitando o web.
- Subindo cousas para vender na tenda de 2ª man.
- Comprando as camisolas e pegatas de SurfGZ.com.
- E colaborando connosco como corresponsal; podes enviar artigos, fotos, crónicas de campionatos e outros eventos. Precisamos de xente nas Rías Baixas, Barbanza, Costa da Morte, Coruña, Ferrolterra e A Mariña.
Graciñas polo teu interese. Surf GZ.