A Ponte da Marnela: Nova desfeita en Valdoviño

Galicia Valdoviño

Adcsl Praia de Pantín - Aínda así un sempre ten confianza nos sabios, neses craneos privilexiados dos que falabamos o outro día. Sen embargo, a nós as cousas non nos acaban de quedar moi claras. Vexamos as fotografías. Temos agora dúas pontes sobre o río. Unha delas, a grande, leva sendo contruído e reconstruído aproximadamente dez anos; lévase invertido nela, imaxinamos unha chea de cartos, á vista da infraestrutura. A segunda, a pequena, foi construída por algún veciño ou usuario da praia nunha hora e como podedes comprobar na foto, está perfectamente operativa.

Pensemos, pois nas vantaxes do "mamotreto": funcionalidade? Ningunha. Se non que lle pregunten a aqueles que se vexan obrigados a facer un grande esforzo por acceder á praia por isas escaleiras; falamos de personas con discapacidades, personas maiores, familias con bebés... Personalmente pensamos que por funcionalidade é mellor a da ponte pequena e cunha inversión económica moitísimo máis recucida. Xa non nos vamos a parar a falar do impacto paisaxístico que esta obra produce ou o medioambiental que, aínda que nós non o podemos valorar, de seguro que existe.

A isto nos referiamos o outro día cando dixemos que ata un neno ten mellores ideas para solucionar este tipo de situacións.

Estamos gobernados por "tarados".

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.