O pasado 31 de marzo o BOE publicou o anuncio de exposición pública do proxecto "Adaptación do proxecto de estabilización da praia de Altar e do seu estudo de impacto ambiental, T.M. Barreiros (Lugo)".
O proxecto, cun custo de 3,5 millóns de euros, pretende realizar unha dragaxe na zona interior da ría do Masma e depositar a area na praia de Altar. O realmente grave deste asunto é que para garantir a retención da devandita area, preténdese construír un espigón de 190 metros de lonxitude e 7 metros de altura de formigón armado cunhas enormes bancadas de granito que unan a praia coa illa que lle dá nome!
Acceso ao proxecto completo: https://www.miteco.gob.es/es/costas/participacion-publica/27-prol-altar.aspx
Este proxecto vai realizar nunha contorna que forma parte dunha Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) da Rede Natura 2000 que traerá consecuencias impredicibles nas zonas de alimentación e cría de especies vulnerables. Do mesmo xeito, o espigón afectará á dinámica de correntes que previsiblemente se incrementarán na canle, co perigo que isto supón para a navegación de recreo e posiblemente aumente a entrada de sedimentos no interior da ría, acelerando a súa colmatación.
A maiores, a alteración das dinámicas litorais como consecuencia do devandito espigón, podería dar lugar á desaparición dalgunhas rompientes de ondas, na contorna da ría e praias de Foz e Barreiros, que atraen a multitude de surfeiras cada ano. Do mesmo xeito, ponse en perigo a práctica doutras actividades náuticas como kitesurf, windsurf e kaiak.
Para finalizar, é importante mencionar, que a praia de Altar atópase na actualidade cunha gran cantidade de area, polo que o proxecto en si carece de sentido e está completamente desactualizado. A contorna é unha paraxe natural espectacular para uso e goce de locais e visitantes os 12 meses do ano.
A través deste comunicado pedímosche axuda! Necesitamos parar isto xa! Temos ata o día 20 de abril para recoller o maior número de firmas posibles e que non se cometa este atentado ambiental e paisaxístico.
Asina esta petición en:
https://www.change.org/p/concello-de-foz-y-concello-de-barreiros-sos-playa-de-altar