Denuncian o mal estado do Castro de Baroña

Cultura Galega.org - O castro de Baroña é o segundo xacemento arqueolóxico máis visitado do país, despois do castro de Santa Tegra. O castro de Baroña, en Porto do Son, excavado a partir dos anos 70, sufre as consecuencias dun clima duro e un incensante tráfico de visitantes ao longo do recinto. Ángel Concheiro foi o responsable de analizar a 'saúde' do Castro de Baroña e localizou seis puntos críticos nos que o castro se está a ver seriamente afectado.

O arqueólogo Ángel Concheiro foi responsable dalgunhas operacións de consolidación do Castro de Baroña pero, mercé a un encargo da Dirección Xeral de Patrimonio, elaborou un informe que analiza a situación actual de conservación deste sitio arqueolóxico da Idade do Ferro, como paso previo ás decisións de intervención sobre el. No informe, Concheiro localizou seis puntos críticos en diferentes áreas do recinto, derivados do forte tráfico de visitantes e da acción do vento, a choiva e o mar. El mesmo nolos explica no vídeo e na visita virtual que podes ver.

Maís info en:

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=18029

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.