A Surfrider Europa ven de anunciar que xa está aberto o prazo pra participar nas xornadas europeas de limpezas de praias en dentro do proxecto das Iniciativas Oceánicas 2011. Xa están organizadas 344 limpezas das que 2 serán na nosa costa por SilfoCamps e Prado Surf Escola, en Malpica e Nigrán respectivamente. Dende SurfGZ queremos apoiar esta iniciativa dándolle a maior difusión posible todo este mes.
As Iniciativas Oceánicas son unha das accións emblemáticas de Surfrider Foundation Europe, as Iniciativas Oceánicas son operacións de sensibilización acerca da problemática dos residuos acuáticos ás que se suman operacións de limpeza (praias, ríos e fondos mariños). Estes eventos organízanse en todo o mundo desde hai 16 anos: en 2010, 40.000 persoas participaron en máis de 950 operacións.
En Galiza hai dúas limpezas xa programadas en Patos e Malpica
Se estades interesados en organizar unha limpeza ou participar, podedes descargar moita información e guías pra facer unha limpeza na súa web:
Zona de descargas: http://www.initiativesoceanes.org/descargar-nuestros-documentos_10.html
Web: http://www.initiativesoceanes.org
Facebook: http://www.facebook.com/surfriderfoundationeurope?ref=ts&v=wall