Velaquí tedes a convocatoria dunha nova edición das Iniciativas Oceánicas 2014 da Surfrider Foundation o vindeiro 22 de Maroz e que ten como obxetivo limpar as costas do noso planeta nunha xornada mundial de concienciación medio ambiental. O mar está cheio de lixo, plásticos, residuos radioacticos e moitas porcalladas que o home bota sen preocuparse pola saúde dos animais mariños e a vida dos oceános. Colabora, organiza e participa nas limpezas!
De momento xa podedes colaborar na convocatoria realizadas por:
- Océano Surf Clube, que será o sábado 22 de marzo ás 11 da mañá na praia de Doniños.
- En Nigrán haberá limpeza en Patos organizada por Prado Surf Escola ás 10:30.
- Praias de Sanxenxo organida por Surf-in.org ás 10:00.
- Praia de Pantín organizada por Emilio Vilariño ás 12:00.
- Praia do Olmo. A Cabana. Ferrol. Organizado por Meizoso Pérez Marcos o día 19-03-14 de 10:00-13:30.
Tedes + info do evento en:
http://www.initiativesoceanes.org/?lang=3
{fcomments}