ADEGA convoca por terceiro ano consecutivo a limpeza simultánea de praias en toda Galiza. Un referente que xa nos anos anteriores conseguiu que centos de persoas participaran nesta actividade de denuncia e de voluntariado ambiental. A día de hoxe están programadas máis de 25 limpezas que terán lugar o próximo fin de semana do 6, 7 e 8 de xuño en toda Galiza grazas ao compromiso de numerosas persoas, conmemorando o día dos Océanos (domingo 8).
Centros de ensino, escolas de surf, asociacións culturais, concellos, ANPA... e outras moitas entidades que suman un total de 34 convocan limpezas dende A Mariña ata Nigrán. Grandes e pequenos participarán nestas limpezas para reivindicar e dar a ver un grave problema ambiental: os residuos mariños.
Seguindo as indicacións do protocolo para a limpeza de praias, os grupos realizarán limpezas respectuosas cos ecosistemas das praias, contando na maioría dos casos co apoio dos concellos. Ademais varios grupos colaborarán co proxecto Marnoba poñendo en práctica unha nova metodoloxía para a caracterización do plástico mariño.
O lixo mariño é un dos graves problemas ambientais aos que se enfronta o planeta, as principais causas son: a insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, as malas estratexias na xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación. Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións...), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en terra. É necesario concienciarse da necesidade de reducir o consumo de plástico, por iso estas limpezas serven tamén como actividades de educación ambiental para a cidadanía.
Aínda estás a tempo de sumarte ás limpezas de praias, busca a limpeza máis cercana no mapa ou organiza unha na túa praia.
CADRO DAS LIMPEZAS PROGRAMADAS:
|
Concello |
Colectivo |
Coordinador/a |
Teléfono |
PRAIA |
1 |
A Coruña |
Grupo Scout Hércules 283 |
Daniel |
675 024 110 |
Ría do Burgo |
2 |
Abegondo |
ADEGA Coruña |
Amancio |
678 799 376 |
Gandarío |
3 |
Baiona |
Concello de baiona |
Marisol |
986 38 50 50 - 1 |
Praias de Baiona |
4 |
Barreiros |
North Shore Clube de surf |
Fátima |
653367357 |
Lóngara e Balea |
5 |
Boiro |
Concello de Boiro e Centros de ensino de Boiro |
Marga |
982 84 26 35 |
Boiro |
6 |
Burela |
IES Perdouro |
Carina |
982 57 50 98 |
Perdouro |
7 |
Camelle |
ADEGA CEMMA Cofraría de Camelle |
Lucía |
669 80 69 08 |
Arou |
8 |
Carnota |
Raínha Lupa Plataforma pola defensa do Patrimonio de Quilmas ADEGA Costa da Morte |
Lucía e Xosé Manuel |
981 760 227 |
Corna Becerra |
9 |
Fene |
Aspaneps |
Xavier |
649 75 71 44 |
Praia de San Valentín |
10 |
Ferrol |
ADEGA Ferrolterra Surfrider Foundation |
Jesús |
695493515 |
Doniños |
11 |
Fisterra |
IES Fin do Camiño |
Viqui |
650 261 283 |
Mar de Fóra |
12 |
Fisterra |
Voluntariado e Veciñanza |
Soledad |
625 947 945 |
Praia de Talón |
13 |
Muxía |
Programa de voluntariado do Concello de Muxía |
José |
981 74 20 01 |
Praia de Nemiña |
14 |
Laxe |
IES Maximino Romero de Lema (Baio-Zas) |
Carlos |
616 392 396 |
Traba (Laxe) |
15 |
Mañón |
Asociación Nordés |
Carlos |
679552690 |
Area longa |
16 |
Nigrán |
Prado Surf Escola + Colexio Monterrey de Vigo |
Adrian |
653929347 |
Praia de Patos |
17 |
O Grove |
IES As Bizocas |
María Jesús |
626 768 826 |
Areal da Cruz |
18 |
Oleiros |
Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña |
Lucia |
981 167000-5688 633 700 277 |
Bastaguieiriños |
19 |
Pobra do Caramiñal |
ANPA Fernandez Varela |
Juana |
639 16 85 30 |
Corna |
20 |
Paderne |
GN Hábitat |
Andrés |
981 13 50 14 |
A Abeleira |
21 |
Poio |
Plataforma veciñal de Samieira |
Beatriz |
607556982 |
Areal do Laño |
22 |
Ponte-deume |
Colectivo Terra de Pontedeume |
|
|
|
23 |
Valdoviño |
CPI Atios |
Laura |
981 487 700 |
Frouxeira |
24 |
Vigo |
Voces polo litoral de Teis |
Pablo |
622 071 337 |
Praia da Lagoa, P. da Fábrica e P. da Manquiña |
25 |
Vigo |
Buceo Balea |
Josué |
695499561 630437625 |
Marina Dávila |
26 |
Vilanova de Arousa |
IES A BASELLA |
Raquel |
986554847 |
Terrón |
27 |
Sanxenxo |
Tartaruga Surf School |
Arturo |
616975237 |
A lanzada |
Máis info sobre as limpezas e mapa: www.adega.info
Persoa de Contacto:
Lucía Parente - 669 80 69 08 -
{fcomments}