Area nos ollos. A loita por Baldaio 30 anos despois

Presentado en Flocos.tv este interesante documental sobre os acontecemento do 8 de maio de 1977. Nesa data a vila de Carballo viviu un dos acontecementos máis multitudinarios da súa historia: unha manifestación que reclamaba a devolución da marisma de Baldaio aos veciños, xa que dende 1947 se atopaba en mans duna concesión marisqueira que o que realmente agochaba era a extracción masiva e ilícita de area da marisma de Baldaio, chegando na década dos 70 a extraérense máis de cen camións de area diarios do lugar.

A extracción repercutía negativamente na vida dos vecinos de Lema. Víanse privados do seu medio de vida, o marisqueo comunal; moitas zonas de pastoreo foron asulagadas e non se lles permitía baixar á praia a gozar dela; ademais de estarse provocando na zona unha catástrofe medioambiental, debido ao mal uso das comportas, que se abrían e pechaban en función dos intereses da empresa e non segundo as mareas.

 Dende o primeiro momento, os vecinos da zona amosaron a súa oposición ao que en Baldaio estaba a acontecer, chegando o seu punto álxido coa manifestación do 8 de maio de 1977 en Carballo e que reuniu a preto de 5.000 persoas na capital bergantiñá.

Se queres ver o documental enteiro podes facelo na platafoma Flocos.tv: http://flocos.tv/curta/area-nos-ollos


Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.