Ás 15.10 horas do 13 de novembro de 2002 o capitán escoitou un forte golpe, como unha explosión, e notou como o barco comezaba a escorar rapidamente (25-40º ó cabo de dez minutos), á vez que observa a saída do fuel polos zapóns da cuberta.
Xa pasaron 13 anos do día máis negro da historia reciente do noso país e seguimos sen culpabeis nin demisións nin desculpas dos políticos que nos trouxeron as piores mareas negras ata as nosas costas. Non queremos deixar pasar esta data e olvidar a loita de milleiros de voluntarios anónimos que marcharon a recoller chapapote coas súas embarcacións e propias mans nunhas semanas nas que o Estado Español e a Xunta de Galicia manipulaban as noticias e dician que non pasaba nada.
O ex-presidente do goberno Mariano Rajoy dicia que eran "hilillos de plastilina" e que non chegaba chapapote. Álvarez Cascos, Aznar e Fraga tamén fixeron todo o posíbel pra ocultar a realidade e enganar ao povo neses días de escuridade.
Unhas 250.000 persoas manifestáronse eses días en Santiago de Compostela pra denunciar a contaminación e o desastre medioambiental que estaba por chegar. Unha das máis grandes da nosa historia!
+ info do acontecido en: