O vindeiro 27 de Febreiro en Compostela vai ter lugar unha manifestación pra protestar en contra da nova Lei de Acuicultura da Xunta do PP. Con esta nova Lei pretenden favorecer a implantación de multinacionais e grandes empresas na xestión das Rías e expulsar aos mariscadores e mariñeiros da xestión tradicional. Deste xeito e despois da prorroga de 60 anos a ENCE, empresa contaminante responsábel da degradación da Ría de Pontevedra, vemos como o Partido Popular de Galicia lexisla de novo a favor das empresas de fóra e en contra do povo unha vez mais.
Se andas preto de Santiago de Compostela o vindeiro 27 de Febreiro podes participar na protesta e defender as nosas Rías.
Novas relacionadas:
Adega - A acuicultura industrial en Galiza: crónica do idilio entre a Xunta e a patronal do peixe de granxa
GConfidencial - Bateeiros, mariscadoras, ecoloxistas e oposición queren encher o Obradoiro
Praza - A Lei de Acuicultura afianza a unión do sector na loita por vivir do mar
{fcomments}