Anosaterra.org - Comezan os traballos de despezamento da gabarra Yamburg, varada durante dez meses nas Cobas, nas inmediacións da praia de Balieiros en Corrubedo, Ribeira. A embarcación encallou o 19 de xaneiro duante un temporal cando era remolcada dende o porto grego do Pireo cara a Tallín (Estonia). O patrón maior de Aguiño, ademais de Francisco Jorquera (BNG), entre outras persoas, denunciaron está situación e reclamaron a retirada urxente da embarcación, por estragar unha zona rochosa de cría de percebe, ocasionar manchas de óxido e esparexer restos de madeira, metal, plásticos... ademais de constituír un atentado paisaxístico. Durante o verán foi lugar de peregrinación de curiosos e turistas. Agora a empresa adxudicataria da súa retirada ensanchou a pista de acceso e iniciou os traballos de despezamento.