Convocada unha nova limpeza de praias por Adega.gal

ADEGA convoca un ano máis a XIII Limpeza Simultánea de Praias, que terá lugar na fin de semana do 25 ao 27 outubro. Esta xornada de voluntariado ambiental ten o propósito de concienciar a sociedade na loita contra a contaminación mariña.

Están chamados a participar nesta actividade e denunciar esta problemática ambiental os centros de ensino, escolas de surf e mergullo, clubs de piragüismo e vela, sector da pesca e marisqueo, concellos do litoral, e entidades de todo tipo de Galiza, tanto públicas coma privadas, ademais das persoas particulares.

Na súa páxina web podedes consultar o mapa das limpezas que se van realizar. Se premedes en cada areal, podedes consultar se son grupos abertos ou pechados. Aqueles grupos abertos, terán un contacto ao que poderedes escribir para anotarvos á limpeza.

Non perdas a oportunidade!

Concellos colaboradores: Concello de Ares, Concello de Cangas, Concello de Carballo, Concello de Muros, Concello de Nigrán e Concello do Grove. 

Se tes interese en participar manda un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Anímate! 

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.