Suso Ben - Un pequeno video da xente que adoita surfear todo o ano e que gozou desta sesión de surf o sábado 19 de decembro na Costa da Morte. O día foi moi bo, sen nada de vento, a auga morna, só se notaba o viruxe ao quitar o traxe de neopreno. As ondas foron pequenas pero moi xeitosas e abrideiras, así foi que algún deuse dous baños e se surfeou todo o que se poido ate o solpor. Un verdadeiro agasallo anticipado de nadal da nai natureza.
Se alguén non saíu no video sintoo de verdade porque a miña intención era sacarvos a todos. Un saúdo e bo nadal a todos/as.
Artigo orixinaL http://pixualsurf.blogspot.com/2009/12/agasallo-de-nadal.html
Máis videos de Suso Ben en: http://vimeo.com/user2437999