Por orde do noso señor das mareas a convocatoria do OndaLonga 2019 será este sábado ás 9 da mañá no parking do Centro de Rehabilitación de Bergondo. A esa hora realizaranse as inscricións. Sobre as 10 todos cambiados e listos para entrar á auga.
Para a seguridade de todos contaremos cunha lancha de Protección Civil e tamén teremos unha moto de auga, como o ano pasado. Ao saír de auga, sobre as 14:30 e grazas a "Ya te comeré" teremos empanada e caldo galego quentiño, que falta fará!!
E posteriormente realizaremos a entrega de premios aos mellores e peores a cargo de TSP e Licores Berrimes.
Todo o peixe está vendido.
Que Neptuno nos colla confesados
+ info en: https://www.facebook.com/ondalongasurfingday
Seguiremos informando!