O Ferrolog quenta motores para unha nova edición


Xa está todo preparado para unha nova edición do Ferrolog Surfing International, un evento de longboard clásico que quere congregar nas augas de Ferrolterra a unha selección internacional de loggers que representen fielmente o estilo e creatividade do surfing no seu modo máis tradicional.

Nesta segunda edición serán convidadas 16 mozas e 16 mozos que competirán por separado. As regras estarán baseadas nas do Duct Tape Invitational, longboards clásicos, single fin, valorarase principalmente o estilo, o glide e como se encadean, de forma fluída, manobras tradicionais. Queremos ver aos surfeiros colgados no nose pero chegando alí de forma relaxada.

Resumo da primeira edición no 2019

Este formato de competición garante a calidade na auga e que as mangas non se estendan demasiado, deste xeito haberá tempo para compartir baños libres e gozar ao máximo de 3 días de cultura surf.

O evento realizarase os días 21, 22 e 23 de Maio de 2021 e a súa sede principal será o Camping de As Cabazas (Covas) en Ferrol.

Tedes toda a info do evento no seu sitio web: ferrolog.org

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.