Horarios OndaLonga 2010 - 27 Marzo

Ponte Pedrido

O Festival OndaLonga 2010 xa está en marcha, grazas ás vosas oracións e estes son os horarios do Festival que se van a desenvolver da seguinte maneira. Quedaremos o sábado ás 9:00 am na praia do Pedrido para realizar as inscricións tanto do festi como da cea posterior.

Horarios:

De 9:00 a 10:30 an - Inscricións para entrar na auga, fundamental que pasedes pola carpa tanto os preinscritos cono os inscritos, por aquilo de diferenciarnos todos para as puntuacións.
De 9:00 am a 2:00 pm será o horario de inscrición da nosa fantastica cea onde faremos a entrega de premios, sorteo do traxe e o fantastico concerto dos GRANDISIMOS ALFEIZAR, a cea tedes que abonala xunto coa inscripcion na carpa do festi. OLLO máis tarde das 2:00 pm non se admitirán inscricións da cea.
Ás 10:30 - Reunion de todos os participantes, onde se explicasen as normas, etc...
Ás 11:00 am entraremos na auga ata que nos leve a corrente.
Ás 5:00pm chocolatiño para recuperar forzas.
Ás 8:00 pm GRAN CEA DE ONDALONGUEIROS


Programa nocturno:

  • Cea
  • Entrega de premios
  • Sorteo do traxe de neopreno de RAZ
  • Fin de festa co gran grupo ALFEIZAR

Esperamos que pasedes unha xornada fantastica e que esteamos todos .

Hostal:

HOSTAL BRISA CARRETERA 651 Km 8 - INSUA Telef: 981782022, A 5 MIN DO PEDRIDO

UN SAÚDO E BOAS ONDAS PARA O SÁBADO

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.