O rider Toni Varela acaba de unirse ao equipo de Iron Mountain Surfboards. Toni ten 25 anos e foi o Campión Galego de Longueirón no ano 2009 e Subcampión do Jaguai na Lanzada 2010.Os seus spots habituais son Malpica, Razo e toda a Costa da Morte.
Deste xeito Iron Mountain Surfboards reforza o seu equipo cun dos mellores riders de longueirón da nosa costa e vai dar moito que falar o vindeiro ano.
Podedes coñecer máis cousas deste surfeiro na entrevista que lle fixemos en febreiro do 2010 na nosa web:
Fonte da noticia:
http://ironmountainsurfboards.blogspot.com/2010/12/antonio-varela-ficha-por-iron-mountain.html