Éxito total do primeiro campionato exclusivo de longueirón en Patos. O campionato comezou o sábado co Iron Mountain Noseride Invitacional, esta proba consiste en camiñar polo longueirón e quedar na punta de pe o máximo tempo posible. Día de sol e ondas no que o italiano residente en Vigo Ecttore Burdese impuxo o seu estilo setenteiro sobre o segundo clasificado e local de Patos, Patrick Vilán. Fotos: Julian Foto Surf
O domingo comezou ás 10:30h co campionato de longskate, o surf en táboa grande pero como unha seda e asfalto. Gran animación e algunha que outro rasguño pero moita intensidade, Yago Formosel de Coruña en Freestyle e Pedro Palmou de Vigo en Slalom foron os vencedores desta proba.
Xa pola tarde voltaron os longueiróns á auga pra celebración da 3ª proba do Circuíto Galego de Longboard, as ondas grandes apareceron como se esperaba e as primeiras mangas realizáronse na praia de Patos con ondas que pasaban do metro. As finais foron na esquerda de fondo de roca de Monteferro, despois dunhas cantas rascadas cos mexillóns do pico, o mexicano afincado na Coruña, Rufo Navarro foi o gañador desta proba, por diante de Yago Baz da Guarda.
Ruffo Navarro
Este pasado domingo celebrouse a terceira proba do circuíto galego de longboard na praia de Patos organizada pola Federación Galega de Surf, Patos Surf Clube, Galegos Asociados polo Longueirón e o Concello de Nigran.
Bo ambiente na praia
Open
1.- Rufo Navarro (México)
2.- Yago Baz (A Guarda)
3.- Diego Cela (Pontevedra)
Veteranos
1.- Ecttore Burdese (Italia)
2.- Diego Cela (Pontevedra)
3.- Juan Patiño (Ferrol)
Junior
1.- Jose Rico Pon (Pontevedra)
2.- Carlota Lago (Pontevedra)
Nose Ride
1.- Ecttore Burdese (Italia)
2.- Patrick Vilán (Nigrán)
3.- Nestor Martínez (Pontevedra)
Longskate slalom
Pedro Palmou (Vigo)
Longskate freestyle
Iago Formosel (Coruña)
Tedes todas as fotos en:
https://picasaweb.google.com/108631160341182523108/LONGPATOS2011#
Fotos de Carraxe Waves en:
http://www.facebook.com/media/set/?set=a.231728570208828.50261.100001150604210