Ranking Circuito Galego Longboard 2011

Velaquí tedes o ranking definitivo do Circuito Galego de Longboard 2011 no que Nestor Martínez rematou como campión con 2260 puntos seguido pola mínima por Ruffo Navarro con 2230 e Dani Alvite con 2000 puntos. Este circuito foi dominado completamente polos riders do G.A.L que meteron a 6 membros do seu clube nas dez primeiras posicións.

Podedes descargar o Ranking completo en: http://www.fgsurf.org/descargas/cat_view/58-ranking-2011.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com