Resultados da 2ª proba do Circuíto Galego de Longueirón e Paddle Surf 2012

Na web da Federación Galega de Surf xa tedes a crónica do que pasou a pasada fin de semana na praia de Nemiña onde se xuntaron os mellores riders da nosa costa con longs e paddle pra celebrar a segunda proba do circuíto galego nas súas modalidades. Houbo choiva e ondas de medio metro de boa calidade con percorrido e tempo de facer boas manobras.


Finalmente a proba celebrouse o domingo e participaron máis de 30 surfeiros nas modalidades de long, logger e paddle surf. Hai que destacar a participación de novos riders como Lois Rodríguez, Alejo Douro e José Rico.

Resultados Open Longueirón

  1. Néstor Martinez (The surfeiros Piratas)
  2. Alberto Mouriño (The surfeiros Piratas, Iron Mountain surfboards)
  3. Patrick Vilán (Novalbos, Patos Surf Galicia)
  4. Ruffo Navarro (New Wave)

Resultados Open Paddle Surf

  1. Román Camba
  2. Victor Lorenzo
  3. David Pose
  4. Sebastian Bahamonde

Resultados Logger - Clásico

  1. Ruffo Navarro

Fonte da nova: www.fgsurf.org

Textos: Iron Mountain Surfboards


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.