Resultados e Fotos da proba de Longueirón en Pantín

Este domingo celebrouse a proba de longboard en Pantín e tamén de Paddle surf con menos mar que no día de onte pero cun sol espectacular. A primeira hora do día houbo outra sesión ceibe de surf con cuarto metro glassy que aproveitamos os long antes de comezar o evento. Houbo baixa participación e comezou en cuartos, as semifinais e finais foron de seguido rematando coa victoria de Yago Baz (1º), Dani Alvite (2º), Ruffo Navarro (3º) e Alberto Mouriño (4º). Nas semis estiveron na auga tamén Lois Rodríguez, Marcos Pita, Juan Patiño e Néstor Martínez.



Despois da paella do mediodía houbo descenso en skatelong pola costa de Pantín e unha sesión de longboard clásico na que participaron uns 15 riders.

Outro día de acollida no Pantín Surfcamp con excelente organización. Grazas a Marcos e Samuel!

Tedes todas as fotos do domingo na galería de abaixo:

{artsexylightbox path="images/stories/Longboard/novas2012/pantin2012" previewWidth="128" previewHeight="95"}{/artsexylightbox}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.