As ondas non foron as esperadas mais o OndaLonga 2012 pasará a historia do surf galego por ser a segunda edición desta gran xuntanza de longueiróns chegados de diferentes partes da costa atlántica pra montar unha das dereitas máis longas de Europa. Este ano e grazas ao fenomenal traballo dos G.A.L. máis de 50 riders participaron nesta festa-campionato na praia de Ponte do Pedrido.
A familia Long - Foto: Jesús Busto
Galiza Long! - Foto: Jesús Busto
Nós non puidemos estar presentes xa que andamos esta semana por Lanzarote así que vos recomendamos pasar polo blog de Jesús Busto 'Desde la Croa' pra ver as súas fotos e ler a crónica persoal do evento.
Seguiremos informando..
+ info e fotos:
http://desdelacroa.blogspot.com.es/2012/11/historias-onda-longa-2012.html
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.502643249755463.116031.461828137170308&type=3