Máis de medio cento de riders de toda Galiza, Asturies e diferentes partes do Estado acudiron este pasado sábado a Malpica pra participaren na segunda xuntanza de long na praia de Canido. O evento contou con ondas de medio metro un pouco tocadas polo vento pero con suficiente forza como pra surfear tal e como demostraron os indios e vaqueros disfrazados que entraron xuntos na agua.
Pola noite entrega de trofeos ao mellor bigote e tamén houbo churrasco e boa música do grupo 'Los Simios' xusto diante do Bar Submarino ata ben entrada a noite. Esperamos que este evento teña continuidade e podamos asistir de novo pra pasar un bo día con amigos e sen competición nunha xornada na que o máis importante é pasalo ben.
Podedes ver todas as fotos que fixemos no noso Facebook en:
https://www.facebook.com/SurfGZ/media_set?set=a.10200425143499093.1073741841.1471364408&type=1