Xa está todo preparado para que este mes teña lugar unha nova proba do Circuíto Galego de Surf, Longboard e Paddle na praia de Patos. Desta vez surf open será no Pico de Patos e as probas de longueirón e SUP serán na esquerda de Monteferro. O obxetivo deste evento que vai ter tres fin de semana de periodo de espera é pra procurar as mellores condicións posibeis. Organizan: Federación Galega de Surf, o Patos Surf Clube, Galegos Asociados polo Longueirón e Concello de Nigrán.
Haberá música, sorteo de premios entre os asistentes e tamén entrega de trofeos na praia.