Comezamos cos resultados do primeiro Concurso de Fotografía Surfeira de Galicia co vencedor da categoría de Longboard e o gañador é Iván Silox, un veterano fotógrafo de Asturies que vive pegado a unha carcasa e pasa o día na auga afotando sesións de longboard. O rider da foto é o galego Yago Baz marcándose un bo hang five na vila mariñeira de Malpica de Bergantiños. Puro Long!
Noraboa a Silox pola súa foto que leva un cheque de regalo de Surfmarket.org por valor de 75 euros e unha sudadeira de TSP - The Surfeiros Piratas. Podedes seguir o traballo deste gran fotógrafo no seu Facebook Silox.
Debaixo tedes as outras fotos destacadas que participaron no concurso na categoría de nove pés.
Foto de Richard Zapata
Foto de Cristian Álvarez con Palomeque facendo un hang five en Doniños.
Foto recibida de Oscar Ramil
Foto de Camila Fernández
O venres publicaremos os resultados da categoría XXL. Estade atentos!!
O xurado do concurso está composto por importantes e destacados personaxes da cultura surfera:
- Pablo Martínez, fotográfo de surf profesional.
- Fine, webmaster e fundador de Costasurf.com
- José Pellón, músico, escritor e surfeiro e fundador de Surflandia.es
- Helga Álvarez, manager de Surfmarket.org
- César Formosel de TSP - The Surfeiros Piratas
Nova relacionada:
http://www.surfgz.com/surfing/soulsurfing/3167-concurso-fotografia-surf-galicia.html
{fcomments}