One Surf Academy, publica un novo proxecto online, pioneiro na súa modalidade, dirixido a persoas que ven o longboard coma unha opción para súa práctica diaria. Persoas que deixaron de ser principiantes e suman os baños precisos coma para definir seu estilo propio, ou novas xeracións de xurden pouco a pouco inspiradas nas tendencias chegadas desde lugares onde o surf está completamente instaurado nas súas sociedades.
Todas estas persoas comparten o desexo de mellorar seu surf e desfrutar máis en tódalas vertentes, recuperar as ganas de procurar máis nas súas metas deportivas, ou simplemente sumerxirse na cultura surf e vivila dende dentro.
Con esta proposta, Toni Varela, facilita trucos, consellos, análise de movementos… unha viaxe pola escea longboard onde poderás entender de qué vai esta modalidade que, sen dúbida, e moi ampla e con moitísima historia.
Toni Varela, tamén fabricante de longboards, Cormoran Surfboards, transmite nestes videos a información precisa para motivar e acompañar a todo/a surfista a mellorar e dar calidade e estilo ao seu surf.
Tedes toda a info deste novo proxecto en: One Surf Academy