Xa está na rede a web do Onda Longa 2010

Xa está na rede a web oficial do Onda Longa 2010 Longboard Festival que se vai celebrar entre o 27 de febreiro e o 28 de marzo. Este evento organizado pola xente do G.A.L. (Galegos asociados polo Longueirón) que ten un grupo moi activo no Facebook vai ser o referente do longueirón galego. Podedes visitar a súa web en www.ondalonga.com

ONDA LONGA LONGBOARD FESTIVAL

Na súa web www.ondalonga.com tedes toda a info sobre este festival de longueirón do que imos ser o medio de comunicación oficial xa que estamos dispostos a apoiar toda-las iniciativas a prol do surf galego!

Únete ao seu grupo no Facebook: Galegos asociados polo Longueirón

Adiante Onda Longa!


Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.