Boa acollida do Festival OndaLonga

OndaLonga.com - Dende o G.A.L queremos dar as grazas pola boa acollida que está a ter o festival Ondalonga tanto no noso territorio coma fóra. Chegáronnos solicitudes de Franza, Inglaterra e Portugal, probabelmente non todos acudirán pero o interese foi grande: queremos dicir que o que pretendía ser unha reunión de amigos grazas aos apoios dos colaboradores e dos inscritos estase a converter en algo moi bonito,sendo pequeno e humilde, pero bonito; os que traballamos en Ondalonga estámolo a facer con moito agarimo, tentando que sexa un festival distinto no que prime a cordialidade e o respecto o noso contorno.

Dentro das novidades que están a chegar e que podemos destacar nestes intres é a inclusión de Marejada Surf Shop coma colaborador. Esta tenda asturiana deixaranos testar a todos un longueirón Mayerjjofer, longueiróns un tanto especiais e dignos de surfar con eles.

A segunda novidade, é a chocolatada que se entregará aos surfistas despois da manga.


E a última, é que xa se sabe onde vai ser a cea de confraternización e a entrega de premios; esta será no mesmo Pontepedrido no mesón Anton II, as inscricións para a cea realizaranse no mesmo festival pola mañá pero podemos dicir que o sitio é económico e que se come ben, o prezo acordarémolo nos vindeiros dias.

E nada máis, dicir que os que non vos inscribistes podédelo facer en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., e o resto que xa podedes preparar  a vosa camisa ou atuendo festivaleiro que o espectáculo está a piques de comezar.




Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.