Velaquí un fermoso video de longueirón feito por Suso Ben no Longboard Goanna Pro Tapia 2010 que tivo lugar a primeiros de abril na praia de Tapia. O francés Antoine Delpero gañou o campionato e a basca Estitxu Estremo, monitora do Pantin Surf Camp, foi a campiona feminina. Segundo comenta Suso no seu blog: "foron unhas condicións de mar e tempo duras, moi duras. As ondas acadaban máis de 2,5 metros no terceiro día (semifinais e final masculina) o vento bastante forte e cruzado durante todo tempo, chuvia etc."
"O evento se fixo longo e pesado, os competidores foron moi escasos, 14 en homes, polo que 3 días de competición son excesivos. Houbo moitos tempos mortos e de espera sen ningunha actividade complementaria. Iso si, vese que o Concello de Tapia está totalmente volcado co surf e este campionato."
Abaixo tedes outros videos do Longboard Goanna Pro Tapia 2010
DÍA 1
DÍA 2
DÍA 3
Máis info en: http://pixualsurf.blogspot.com/2010/04/goanna-pro-tapia-2010.html