Exito total na 1ª Travesía de Paddle Surf Nigrán - Baiona

Esta fin de semana celebrouse a 1ª Travesía de Paddle-Surf Nigrán-Baiona con un grande éxito de público e participantes. Con algo de atraso e ao rededor das 11:30 horas a Concelleira de Deportes do Concello de Nigrán Liliana Silva daba o bocinazo de saída en Praia América. Os participantes demostraron as súas ansias por gañar desde o primeiro momento con empuxóns e carreiras no momento de saída.

O día foi perfecto, sol radiante e vento frouxo de Nordeste, a travesía discorreu paralela á costa por Praia América, logo Monte Lourido onde os locais coñecedores da zona optaron por un atallo  estreito, entre rocas para gañar uns minutos. Daquela a Praia de Ladeira xa no municipio de Baiona, Santa Marta e por fin a entrada á praia, que se realizou entre os pantaláns o que foi un gran espectáculo, os competidores coas súas táboas facendo zig zag entre os barcos.

Na categoría masculina as distancias entre os 3 primeiros foron notables, en mozas as 2 primeiras viñan unha pegada á outra e Elena Tapias e Sofía Andrade pelexaron até o último metro, houbo moita tensión, mesmo correron os últimos metros pola area, alzandose finalmente Elena coa vitoria.

Resultados Homes:

1º) Jorge Castro (42 minutos)
2º) Tono Teixeiro (43 minutos)
3º) Jesús Veiga (44 minutos)

Resultados Mulleres:

1ª) Elena Tapias (51 minutos)
2ª) Sofía Andrade (51 minutos)
3ª) Lourdes Barros (60 minutos)

Despois da entrega de premios, que entregaron a Concelleira de Deportes de Baiona e o novo Concelleiro de Actividades Náuticas, realizáronse por unha banda Bautismos gratuítos ao deporte e un test de material da marca Starboard principal sponsor do evento xunto a Florcity e a Froitas Vilar.

O evento foi organizado por Prado Surf Escola, Waira e os Concellos de Nigrán e Baiona e maila colaboración da Federación Española de Surf xa que se trataba dunha proba Clasificatoria para o Campionato de España que terá lugar en Cantabria no mes de outubro.

Participantes na Travesía

Achegamos unha selección de fotografías.

{artsexylightbox path="images/stories/paddlesurf/2011/travesia" previewWidth="136" previewHeight="95"}{/artsexylightbox}

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.