Coque Araujo foi o vencedor da 3ª Travesía SUP Nigrán Baiona cun tempo de 37 minutos e 28 segundos nunha proba na que o rider de Nigrán non tivo rival e soamente Suso Veiga, que rematou segundo a tres minutos, foi capaz de manter un ritmo forte pero sen opcións de loita polo primeiro posto. O día foi soleado e sen vento con todas as praias ateigadas de xente e espectadores que disfrutaron do espectáculo do Paddle Surf no que participaron uns 50 padeleiros.
Na categoría feminina Julia Pérez e Marta As foron as primeiras en chegar a liña de meta e demostrar que elas tamén saber padelear. Queremos aproveitar pra felicitarmos a todo o equipo de Prado Surf Escola pola excelente organización e tamén a xente de Waira, Marta e Victor, pola súa grande aportación e colaboración en todo o evento. Embaixo tedes o vídeo da saída do evento coas imaxes do bocinazo e a entrada na agua de todos os participantes.
Facede click nas miniaturas pra poder ver toda a Galería de Fotos:
{gallery}paddlesurf/2013/baiona:127:100:0{/gallery}