Salitre Fest: Non te perdas o próximo 7 e 8 de setembro o Campionato de España de Clubs de SUP Race que se celebrará en Baiona. Nesta edición 2019 do Salitre Fest, o campionato ibérico de paddle surf, e grazas á estreita colaboración entre a Federación Española de Surfing ademais da proba individual da Copa FESurfing de SUP RACE 2019 (1800 puntos), decidiráse en Baiona o Campionato de España de Clubs de SUP Race.
As puntuacións tomaranse da proba de longa distancia e obterase sumándose os puntos obtidos por cada un dos seus membros que participasen na proba individual segundo a relación seguinte:
- 2 Mellores resultados Open Masculino.
- Mellor resultado Open Feminino.
- Mellor resultado SUB18 (masculino ou feminino).
- Mellor resultado SUB16 ou SUB14 (masculino ou feminino).
Non hai límite de número de competidores rexistrados por cada equipo
Salitre Fest, o festival galego que aúna deporte de alto nivel e lecer, e que se celebrará en Baiona, acaba de dar a coñecer o seu programa de actividades para a fin de semana do 6 ao 8 de setembro. Volverá contar cunha programación de concertos, zona gastro e zona market que se desenvolverán en paralelo ao Primeiro Campionato Ibérico de Paddlesurf e ao Campionato de España de Clubs.
Haberán concertos que se desenvolverán nun escenario que se situará no corazón do parque da Palma. A noite do venres actuarán os santiagueses Mad Martin Trio, un grupo de rockabilly que promete animar a primeira noite do evento. O sábado tomarán a testemuña ás 21:30 h, Blues Estafe; que virán desde Ourense co seu blues e os seus ritmos clásicos. E o domingo, os encargados de animar o fin de festa serán Grovin Folks, un grupo que sen dúbida non deixarán que ninguén quede quieto.
Doutra banda, a organización tamén preparou unha Zona Market, que estará composta por 15 expositores multimarca que aproveitarán a ocasión para presentar as súas creacións para a próxima tempada. Mozos creadores, artistas locais e marcas galegas como é o caso da viguesa Woodtown ou Bayprints Baiona estarán presentes nesta área.
A Zona Gastro contará con 9 foodtrucks cunha oferta gastronómica variada que vai desde as clásicas hamburguesas, pasando polas arepas ou a comida mexicana, ata as opcións doces como as creppes ou os gofres, sen esquecerse de ofrecer opcións veggie para os asistentes máis selectos. A oferta gastronómica e a orixinalidade do vehículo foi valorada por un equipo de profesionais vinculados ao mundo da gastronomía, o márketing e a comunicación á hora de seleccionar participantes na Zona Gastro para garantir unha variedade de opcións de gran calidade e uns prezos alcanzables para o público. Ademais, a organización preparou unha Zona de lecer infantil gratuíta para que os máis peques da casa #gozar do día e de actividades diferentes vinculadas este deporte. Tampouco faltarán os bautismos gratuítos para todo o que queira probar o pádel surf da man da escola local Wetsports.
Pola súa banda, as probas deportivas non comezarán ata as 10 da mañá do sábado, que será cando se celebren os Sprints que repartirán 1.100 euros en premios nas categorías Open e material nas categorías Sub18. O domingo será cando se celebrarán as probas de Longa Distancia, con percorridos de entre 10-15 km, característica que converteu a esta proba en puntuable para o circuíto nacional da Copa de España de SUP Race, sendo a proba de maior puntuación do ano con 1.800 puntos.
Grazas á colaboración coa Federación Española de Surf, este ano decidirase en Baiona o Campionato de España de Clubs, que se resolverá en base aos resultados das probas anteriores. Para achegar máis este deporte ao público xeral, a organización preparou uns percorridos para que todas as probas deportivas partan da praia da Ribeira, bordeando o paseo de Baiona, de modo que os asistentes ao festival poidan gozar da competición mentres gozan do bo ambiente festivo.
Organizado polo Club Galego de Surf e o Concello de Baiona, Salitre Fest converterá o paseo de Ribeira e o Parque da Palma nun punto de encontro que albergará un evento deportivo de primeiro nivel cunha gran oferta de lecer para toda a familia durante a primeira fin de semana de setembro.
Toda a información do evento: www.salitrefest.com