Sesións Galegas de Sean Poynter

Execelente vídeo de Sean Poynter nas aguas da nosa costa da man de Waira, Silfocamps e Beachescolas. No vídeo podedes ver as boas ondas que tiveron e a destreza deste rider con e sen remo, lider mundial de Santd up Paddle en modalidade surf. Fonte da nova: SupGz

Oe Sean, como viches o día?: "Tricky but fun", contestou. E é que tiñamos a Sean Poynter en Galicia nun acto promocional de Starboard e non podiamos deixar escapar a ocasión. E así o fixemos. A xente de Waira, coa colaboración de Silfo Surfcamp e o Concello de Malpica, organizaron unha xornada de surf, na que ademais puidemos probar a gama de paddle-surf Prol Starboard, así como as novas táboas de surf da marca.

Sean Poynter en Patos

Malpica acolleunos cun mar un pouco máis revolto do esperado, aínda tocado polo vento dos días anteriores e con máis corrente do normal, o que o facía algo incómodo para o SUP. Pero o día tamén nos regalou unha derechaza longa e potente na que Sean Poynter deixounos coa boca aberta en máis dunha ocasión; e unha esquerda máis que aproveitable a pesar da corrente, onde o campión mostrou o seu potente estilo no backside. Dous bañazos na Costa da Morte, surf mañanceiro e paddle pola tarde. Un tamaño xeneroso na serie e unhas condicións complicadas pero moi divertidas.

En definitiva, gozamos dun gran día de convivencia e surf no que Sexan Poynter demostrou que un campión o é en calquera circunstancia e os demais fixemos o que puidemos, xa que é difícil remar e aplaudir á vez.

Sean aínda compartiu outro día de surf connosco en Galicia e logo deixounos para ir preparar o próximo campionato de SUP-surf en Brasil, onde ten serias posibilidades de proclamarse campión do mundo da disciplina e para o que lle desexamos a mellor das sortes.

Texto: Marta Waira

Tedes máis info e fotos en:

http://www.supgz.com/spots/2012-11-13-patos-sean-poynter/

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.