Comezamos a semana coa boa nova da recuperación de Guillermo Carracedo despois da súa grave lesión mentres practicaba o paddle surf en ondas e quixo facer un aéreo. Guillermo sufriu un forte golpe na súa cabeza que lle ocasionou unha rotura do frontal, seno frontal e os ósos do nariz. Isto fixo que pasase dous días na UCI perto da morte pero agora xa podemos publicar que está ben en espera de saber se vai ser operado ou non.
Por mor deste grave accidente o campión galego de SUP vaise perder o mundial de California e vai estar polo menos un menos de relax e sen forzar. Pra rematar esta noticia queremos recoller as palabras de Gillermo Carracedo de agradecemento a súa familia "agradecer a mis padres por estar ahí todo el rato y a los que prometo dejar de dar sustos y a todos los amigos que me han ayudado y me están apoyando en el día a día!"
Guillermo desfasando co seu Paddle Surf.
Dende SurfGz queremos darlle as grazas por colaborar neste post e por suposto desexarlle unha rápida recuperación da súa lesión. Animo!!
{fcomments}