Este campionato, supón a realización do segundo Campionato Galego de Velocidade de SUP, unha competición organizada pola Federación Galega de Surf e nela competirán as categorías de Élite, Sub -18 e Sub -16 (Sub -14 dependendo dos inscritos), tanto masculinas coma femininas, e comprenderá a distancias de 1000 metros, nun circuíto marcado por boias.
A proba terá lugar o 5 de novembro no encoro do río Covo, no Concello de Cervo. Pola tarde realizarase unha proba do circito galego Race de 6 km. A reunión de Técnicos determinarase o día 3 de Novembro onde tamén poremos o horario da carreira, así coma o plano dos diferentes circuitos. O venres 4 de Novembro se poderán facer adestramentos na zona de competición en horario de 16:00-20:00.